A Wikipedia é un proxecto de enciclopedia multilingüe e de contido libre baseado nun modelo editable abertamente. O nome "Wikipedia" vén das palabras wiki (unha tecnoloxía para crear páxinas web colaborativas, procedente do termo hawaiano wiki, que significa "rápido") e enciclopedia.