Carmen Pura Vázquez Iglesias, nada en Ourense (no barrio do Polvorín) o 31 de marzo de 1918 e finada na mesma cidade o 25 de xullo de 2006, foi unha poeta galega. Representante da poesía de posguerra, apostou por unha saída lírica e existencialista fronte a liñas máis combativas.